9 de abril de 2008

Rendas variables

Estudiamos en temas anteriores como calcular o valor actual e final das rendas anuais constantes. En base a todo aquelo, imos ver neste tema que desenvolveremos íntegramente con Excel como se valoran as rendas variables en progresión aritmética, e dicir, aquelas rendas nas que cada termo se obtén de sumar ao anterior unha constante chamada razón. Na actividade financeira e empresarial diaria poden prantexarse moitas veces casos de rendas nas que os termos varían en progresión aritmética.

Como nas rendas constantes comezaremos calculando primeiro o valor actual e final da renda inmediata postpagable, para posteriormente ver as rendas diferidas e aqueles casos de que a reda sexa prepagable.

Nosoutros, todo o estudio deste tipo de rendas ímolo facer coa axuda de Excel e Visual Basic onde imos definir as expresión que nos permitiran calcular os valores desexados.

Cálculo do valor actual:

Para calcular o valor actual da renda variable inmedita postpagable temos que aplicar a seguinte expresión:

VA = α a n┐i + p/i [a n┐i - n Vn]

Como dixemos antes, podes definir a expresión anterior en Visual Basic seguindo os pasos que se dan neste documento.

Cálculo do valor final:

Procedendo de xeito similar ao anterior definimos a seguinte expresión:

VF = α S n┐i + p/i [S n┐i - n ]

0 comentarios:

 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery