30 de marzo de 2008

Diseño fórmulas con VBA.

Visual Basic para Aplicacións (VBA) é unha lingüaxe de programación derivado de Visual Basic. Emprégase para automatizar procesos en Microsoft Office. Con esta lingüaxe pódense ampliar moito as funcións existentes nos programas de Office con outras moito máis elaboradas e personalizadas, según as necesidades do usuario.
Como estamos vendo, Excel inclúe unha gran cantidade de fórmulas financeiras que podemos usar na folla de cálculo, pero ás veces pode que te vexas obrigado a diseñar as túas própias mediante o código VBA.
No caso das rendas necesitaremos crear varias fórmulas, sobre todo no relativo ás rendas variables en progresión aritmética e xeométrica. A continuación achégovos un pequeno manual que vos axudará en todo o proceso de diseño e elaboración das citadas fórmulas.
Seguir lendo...

21 de marzo de 2008

Formación Centros de Traballo

A partir do o 7 de Abril de 2008 os alumnos do 2º curso do Ciclo de Administración e Finanzas estarán a realizar a FCT. As normas que regulan a formación en centros de traballo para a nosa Comunidade Autónoma figuran na seguinte Orde do DOG. Parte da información que imos manexar durante o citado período é a que figura nas seguintes ligazóns:

1. Información xeral portal educativo da Xunta.

2. Relación de alumnos que realizarán a FCT e a súa correspondente empresa.

3. Normas básicas de convivencia na empresa para os alumnos.

4. Modelo de folla de actividades diaria que ten que elaborar o alumno durante a súa estadía na empresa.

5. Modelo Plan individualizado da FCT, onde se detallan as actividades que levará a cabo o alumno.

6. Modelo Consello Orientador, para reencher polos os alumnos que rematen o Ciclo neste curso académico 2007-2008.

Seguir lendo...

15 de marzo de 2008

Cualificacións Xestión Financeira

Achégovos as cualificacións das probas da segunda avaliación, así como a nota que figurará no boletín do módulo de Xestión Financeira correspondente ao 1º curso do ciclo superior de Administración e Finanzas.
Seguir lendo...

8 de marzo de 2008

Cualificacións 2º Ciclo superior

Achégovos as calificiacións da proba de avaliación do módulo Proxecto Integrado que realizáchedes ao remate do mes de febreiro. Nos primeiros días da próxima semán revisaremos as citadas probas e estabreceremos o xeito de recuperación para os alumnos que non a superaron.
Seguir lendo...

5 de marzo de 2008

Formación en Centros de Traballo

Para a elaboración dos convenios de colaboración coas empresas necesito certos datos, que me ides proporcionar reenchendo o formulario que figura ao remate deste blog. Lembra de premer sobre a tecla Submit para validar os datos.
Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery