28 de noviembre de 2007

Grupo de traballo en Google

Dentro do módulo Proxecto integrado o intercambio de información e de opinións e moi importante a nivel didáctico. Hoxe en día esa función cúmplea en grande medida Internet e máis concretamente o correo electrónico, as listas de distribución e os Foros, das que xurden as Comunidades virtuais ou Grupos e novos soportes a través de sitios Web entre os que destacan os Blogs, Grupos Web e outros.
Pero, que é un Grupo Web?. É un sitio de Internet onde un colectivo de persoas poden compartir intereses comúns, discutir e intercambiar información: lista de distribución, debates, arquivos de todo tipo, elaboración e edición de páxinas web (moi elementais). Moitas empresas (Yahoo, Microsoft, Google...) ofrecen de xeito gratuito o acceso e manexo dos mesmos.
Nosoutros imos empregar Google para crear o grupo de traballo PROXECTO INTEGRADO e compartir, distribuir e intercambiar toda a información que manexemos ata o remate do curso académico.
Seguir lendo...

Actividade desconto comercial




Nestes días imos empezar a resolver unha actividade de desconto comercial a través dunha Webquest. Pero, que é unha Webquest?.


Unha das actividades máis correntes efectuadas polos alumnos en Internet é a busca de información, a miúdo con axuda dos motores de busca como Google, Yahoo, etc.


Sen embargo, estas investigacións son actividades difíciles que toman moito tempo e que poden resultar frustrantes se os obxectivos non son reflectidos claramente e explicados ao principio.


WebQuests son actividades estruturadas e guiadas que evitan estes obstáculos proporcionando aos alumnos unha tarefa ben definida, así como os recursos e as consignas que lles permiten realizalas. En lugar de perder horas en busca da información, os alumnos se apropian, interpretan e explotan as informacións específicas que o profesor lles asigna.Investigar na Web é sinxelo e de simple aplicación, xa que é fácil de realizar e permite que tanto novatos como expertos en Internet participen. Investigando na web incorpórase aos estudantes en tarefas efectivas, estimula á colaboración e discusión, e é de fácil integración no currículo escolar. O profesor debe suxerir un tema de exploración e apuntar a algúns sitios da Web onde o alumno ira a buscar a información que necesita.


A medida que os docentes van familiarizándose coa web e os mecanismos de busca, e aprenden a desenvolver estratexias de optimización de seu saber a través da comunicación, busca e procesamento de información, pasan a propoñer témalos e os alumnos van buscar só as solucións. No último estado de total autonomía, os estudantes poden propoñer temas de interese ao profesor que pasa a elixir entre eles o que sexa máis conveniente para a aprendizaxe persoal e do grupo.


A das WebQuest, é unha estratexia didáctica na que os alumnos (desde metade de primaria ata universidade) son os que realmente constrúen o coñecemento que logo van aprender. Si se lles organíza en grupos, si se lles asígnan roles e teñen que elaborar un produto que vai a partir dunha presentación, ou un documento, ata unha escenificación teatral ou un guión radiofónico, etc., representando o máis axustado posible as distintas posturas dos roles. É un deseño moi prometedor.Isto é non soamente unha nova maneira para que os profesores enseñen tamén é unha nova maneira para que os alumnos aprendan.


Preme eiqui para ir a webquest de desconto comercial, para saber o que tes que facer
Seguir lendo...

26 de noviembre de 2007

Axudas FCT

Listaxe provisional de alumnos solicitantes de axudas para a realización da Formación en Centros de Traballo no período de outubro a decembro de 2007. Se non te atopas entre os alumnos do listado ponte en contacto co teu titor.
Seguir lendo...

21 de noviembre de 2007

Novo Plan Xeral de Contabilidade

Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery