30 de noviembre de 2009

As funcións VAN e TIR en Excel.


As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dun investimento cando os vencimentos son periódicos.

VNA
Calcula o valor actual dun investimento a partir dunha taxa de xuro e unha serie de pagos (valores negativos) e cobros (valores positivos).
Sintaxe
VNA(taxa;valor1;valor2; …)
Taxa é a taxa de xuro ao longo do período.
Valor1, valor2, … son de 1 a 29 argumentos que representan os pagos e cobros.

TIR
A Taxa interna de retorno equivale a taxa de interese producida por un proxecto de investimento con pagos e cobros que ocorren en períodos regulares.

Sintaxe
TIR(valores;estimar)
Valores é unha matriz de celdas que conteñen os números para os que se desexa calcular a taxa interna de retorno.
Estimar é un número que o usuario estima que se aproximará a TIR. É un campo optativo.
No seguinte video titorial podes ver a través dun exemplo como funcionan as dúas funcións de Excel.

Seguir lendo...

A letra de cambio

A letra de cambio é un documento mercantil polo que unha persoa, librador, ordena a outra, librado, o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, nunha data determinada ou de vencimiento. O pago da letra de cambio pódese realizar ao librador ou a un terceiro chamado beneficiario, tomador ou tenedor, a quen o librador transmitiu ou endosado a letra de cambio.No seguinte enderezo podes atopar información sobre a letra de cambio e na presentación uns esquemas sinxelos que che axudarán a entender a mecánica deste documento mercantil.


Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery