30 de enero de 2008

Actividade avaliación 2ºCS

Na próxima semán empezaremos coa actividade de avaliación que nos levará aproximadamente 12 sesións de clase. Neste espacio de tempo informareivos de recursos que podedes empregar para o desarrollo da citada actividade: páxinas web, arquivos, modelos ficheiros excel, modelos ficheiros word, etc.

  1. Manual de Contaplus Élite versión 2008.
  2. Para aclarar algún tipo de dúbida en asentos contables podes visitar o seguinte portal.
  3. Para descargar calquera documento e consultar dúbidas sobre impostos, consulta a páxina da Axencia Estatal Tributaria.
    Modelo 300. Declaración trimestral de IVE
    Modelo 110. Retencións a conta IPPF
    Modelo 390. Resume anual de IVE
    Modelo 347. Volume anual de operacións
  4. Consultas sobre impostos e fiscal.
  5. Operacións de leasing e simuladores para comprobar a bondade dos teus cálculos.
  6. Modelo ficheiro excel para amortización de leasing.
  7. Modelo ficheiro excel para amortización de préstamos.
  8. Modelo factura exel, que permite facer os cálculos.
  9. Consultas de índices e refencias para préstamos (EURIBOR).
  10. Axuda para elaboración dos cadros de amortización polo sistema francés en excel.
  11. Modelo ficha artículos para valoración existencias.
  12. Modelos de correspondencia comercial.
Seguir lendo...

27 de enero de 2008

Calificacións 1º Ciclo superior

Achégovos as calificacións da proba de recuperación da 1ª avaliación do módulo de Xestión Financeira realizada o día 22 de xaneiro de 2008. Para poder descargar o arquivo tes que utilizar a contrasinal data.
Seguir lendo...

24 de enero de 2008

Calificacións Ciclo Medio

Achégovos as calificacións da proba de recuperación da 1ª avaliación do módulo de Productos e Servicios Financeiros que fixemos o 17 de xaneiro de 2009. Para poder descargar as calificacións tedes que usar a contrasinal dada.
Seguir lendo...

16 de enero de 2008

Contaplus: manual e actividade.

No noso grupo de traballo en Google, deixei:
Manual contaplus.
Actividade 1 para contaplus.
Nos próximos días resolveremos a actividade reseñada.
Seguir lendo...

Novo Plan Xeral Contabilidade para Pemes

As normas de valoración 12 e 16 do novo Plan Xeral de Contabilidade para Pemes tratan todo o relativo ás compras, gastos, vendas e ingresos. Na seguinte ligazón podes atopar unha análise comparativa co plan de 1990 das citadas normas.
Seguir lendo...

14 de enero de 2008

Función Buscar Obxectivo

Esta función de Excel permítenos resolver algunhas operacións financerias de capitalización simple, composta, rendas.... Nas seguintes ligazóns podes atopar información sobre esta interesante función.
Seguir lendo...

12 de enero de 2008

Rendas

Nestes días estamos a estudiar as rendas a interese composto. Nestas ligazóns podes atopar información.
Concepto de renda e clasificación
Excel financeiro. Funcións de excel que utilizaremos no estudio das rendas.
Seguir lendo...

4 de enero de 2008

Equivalencia financeira con Solver

Solución ao exercicio 23 da páxina 148 do tema de Desconto de efectos do módulo de Xestión Financeira.
Seguir lendo...

A ferramenta Solver

Solver é unha das ferramentas máis potentes de Excel, xa que permite acha-la mellor solución a un problema, modificando valores e incluíndo condicións ou restricións. Nosoutros empregarémola para resolver determinados problemas de xestión financeira (sustitución de efectos, tanto de interese que fai equivalentes varios capitais...). Nesta ligazón hai un pequeno problema con Solver que che axudará a comprender o seu funcionamento.
Seguir lendo...

Novo Plan Xeral de Contabilidade

O 1 de xaneiro de 2008 entrou en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade. Na seguinte presentación ofrécese unha análise comparativa entre o Plan de 1990 e o Borrador do Plan Xeral de Contabilidade para Pemes, sobre todo no referente ao tratamento das existencias.
Seguir lendo...

Inicio do exercicio contable 2008

O 1 de xaneiro de 2008 entrou en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade. As disposicións transitorias 1ª e 4ª do RD 1514/2007 de 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade recollen as regras a apricar para adaptar, axustar e reclasificar a información que en relación coa transición do plan anterior ao novo teñan que reflexar os estados financerios ao 31 de decembro de 2008. Nesta ligazón aparece un artículo recóllense algunhas desas particularidades.
Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery