30 de noviembre de 2009

As funcións VAN e TIR en Excel.


As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dun investimento cando os vencimentos son periódicos.

VNA
Calcula o valor actual dun investimento a partir dunha taxa de xuro e unha serie de pagos (valores negativos) e cobros (valores positivos).
Sintaxe
VNA(taxa;valor1;valor2; …)
Taxa é a taxa de xuro ao longo do período.
Valor1, valor2, … son de 1 a 29 argumentos que representan os pagos e cobros.

TIR
A Taxa interna de retorno equivale a taxa de interese producida por un proxecto de investimento con pagos e cobros que ocorren en períodos regulares.

Sintaxe
TIR(valores;estimar)
Valores é unha matriz de celdas que conteñen os números para os que se desexa calcular a taxa interna de retorno.
Estimar é un número que o usuario estima que se aproximará a TIR. É un campo optativo.
No seguinte video titorial podes ver a través dun exemplo como funcionan as dúas funcións de Excel.

Seguir lendo...

A letra de cambio

A letra de cambio é un documento mercantil polo que unha persoa, librador, ordena a outra, librado, o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, nunha data determinada ou de vencimiento. O pago da letra de cambio pódese realizar ao librador ou a un terceiro chamado beneficiario, tomador ou tenedor, a quen o librador transmitiu ou endosado a letra de cambio.No seguinte enderezo podes atopar información sobre a letra de cambio e na presentación uns esquemas sinxelos que che axudarán a entender a mecánica deste documento mercantil.


Seguir lendo...

5 de mayo de 2008

Amortización de préstamos e Excel

Elabora en Excel nun libro o que chamarás Amortización de préstamos, as distintas follas que recollerán os cadros de aomortización de préstamos polo sistema progresivo ou francés e para os seguintes casos:
1. Caso xeral. Amortización mediante unha renda contastante, inmediata e postpagable.
2. Con carencia e pago de intereses.
3. Con carencia e sen pago de intereses.
4. Con tipo de interese revisable.
5. Con tipo de interese revisable e pactado previamente.
6. Cálculo da fila h-ésima.

Unha vez que teñas deseñadas todas as follas e utilizando un sistema de menús e macros, crea unha comunicación fluida entre as distintas follas que compoñen o libro. Preme nesta ligazón para ver un exemplo.
Seguir lendo...

29 de abril de 2008

Os valores mobiliarios e a Bolsa

Como xa sabes a Bolsa é un mercado onde se compran e venden valores mobiliarios. Nestes días estamos a estudiar a unidade didáctica referida a esta entidade, e para repasar e amplicar coñecementos imos resolver as seguintes actividades.
1. En Hot Potatoes cumprimenta o seguinte cuestionario.
2. Desenvolve a actividade que se propón na seguinte webquest.
Seguir lendo...

9 de abril de 2008

Rendas variables

Estudiamos en temas anteriores como calcular o valor actual e final das rendas anuais constantes. En base a todo aquelo, imos ver neste tema que desenvolveremos íntegramente con Excel como se valoran as rendas variables en progresión aritmética, e dicir, aquelas rendas nas que cada termo se obtén de sumar ao anterior unha constante chamada razón. Na actividade financeira e empresarial diaria poden prantexarse moitas veces casos de rendas nas que os termos varían en progresión aritmética.

Como nas rendas constantes comezaremos calculando primeiro o valor actual e final da renda inmediata postpagable, para posteriormente ver as rendas diferidas e aqueles casos de que a reda sexa prepagable.

Nosoutros, todo o estudio deste tipo de rendas ímolo facer coa axuda de Excel e Visual Basic onde imos definir as expresión que nos permitiran calcular os valores desexados.

Cálculo do valor actual:

Para calcular o valor actual da renda variable inmedita postpagable temos que aplicar a seguinte expresión:

VA = α a n┐i + p/i [a n┐i - n Vn]

Como dixemos antes, podes definir a expresión anterior en Visual Basic seguindo os pasos que se dan neste documento.

Cálculo do valor final:

Procedendo de xeito similar ao anterior definimos a seguinte expresión:

VF = α S n┐i + p/i [S n┐i - n ]
Seguir lendo...

30 de marzo de 2008

Diseño fórmulas con VBA.

Visual Basic para Aplicacións (VBA) é unha lingüaxe de programación derivado de Visual Basic. Emprégase para automatizar procesos en Microsoft Office. Con esta lingüaxe pódense ampliar moito as funcións existentes nos programas de Office con outras moito máis elaboradas e personalizadas, según as necesidades do usuario.
Como estamos vendo, Excel inclúe unha gran cantidade de fórmulas financeiras que podemos usar na folla de cálculo, pero ás veces pode que te vexas obrigado a diseñar as túas própias mediante o código VBA.
No caso das rendas necesitaremos crear varias fórmulas, sobre todo no relativo ás rendas variables en progresión aritmética e xeométrica. A continuación achégovos un pequeno manual que vos axudará en todo o proceso de diseño e elaboración das citadas fórmulas.
Seguir lendo...

21 de marzo de 2008

Formación Centros de Traballo

A partir do o 7 de Abril de 2008 os alumnos do 2º curso do Ciclo de Administración e Finanzas estarán a realizar a FCT. As normas que regulan a formación en centros de traballo para a nosa Comunidade Autónoma figuran na seguinte Orde do DOG. Parte da información que imos manexar durante o citado período é a que figura nas seguintes ligazóns:

1. Información xeral portal educativo da Xunta.

2. Relación de alumnos que realizarán a FCT e a súa correspondente empresa.

3. Normas básicas de convivencia na empresa para os alumnos.

4. Modelo de folla de actividades diaria que ten que elaborar o alumno durante a súa estadía na empresa.

5. Modelo Plan individualizado da FCT, onde se detallan as actividades que levará a cabo o alumno.

6. Modelo Consello Orientador, para reencher polos os alumnos que rematen o Ciclo neste curso académico 2007-2008.

Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery