18 de diciembre de 2007

Comisións bancarias

Polo servicios que prestan as entidades financeiras (domiciliacións, xestión cobro efectos, banca electrónica, tarjetas...), cobran unha comisión.



Ao igual que para outro tipo de operacións, os bancos marcan unhas comisións mínimas e máximas que presentan logo ao Banco de España para a súa aprobación. Posteriormente, cada banco, respectando as mesmas aplica a cada cliente a comisión que negocia con él. Nalgúns casos estas comisións, como se mostra no seguinte vídeo, poden chegar a ser abusivas.

Seguir lendo...

Servicios financeiros

Imos estudiar neste capítulo os servicios financeiros que presta o sector bancario. Gran parte da actividade bancaria xira en torno aos servicios financeiros, e dos que obtén, a través das comisións que cobran, unha parte importante dos seus ingresos. A seguinte presentación en power point axúdanos a entender un pouco mellor todo o relativo aos servicios que prestan as entidades financeiras.
Seguir lendo...

16 de diciembre de 2007

Calificacións ciclo medio XAD.

Achégovos as calificacións da proba de avaliación do módulo de Productos e Servicios Financeiros realizada o día 14 de Decembro de 2007. Para poder descargar o arquivo tes que pedirme unha contrasinal.
Seguir lendo...

Calificacións 1º ciclo superior AEF.

Achégovos as calificacións da proba de avaliación do módulo de Xestión Financeira realizada o día 12 de Decembro de 2007. Para poder descargar o arquivo tes que pedirme unha contrasinal.
Seguir lendo...

14 de diciembre de 2007

Calificacións 2º ciclo superior AEF.

Achégovos as calificacións da proba de avaliación sobre o Borrador do Plan Xeral de Contabilidade que fixemos fai uns días. Para poder descargar o arquivo tes que pedirme unha contrasinal.
Seguir lendo...

4 de diciembre de 2007

Seleccións de inversións

A inversión pódese definir como "aquel acto mediante o cal ten lugar o cambio dunha satisfacción inmediata e certa á que se renuncia, por unha esperanza que se adquire e da cal o ben invertido é o soporte".
Dito de outra forma, supón renunciar a uns recursos dos que se pode disfrutar agora, por unha esperanza de recompensa futura. Exemplos: Abrir unha nova planta de producción, comprar unha nova máquina, renovar as instalacións.
Na seguinte presentación podes atopar axudas sobre estes e outros conceptos relativos a inversións.

Seguir lendo...

Programacións curso 2007-2008.

As programacións do curso 2007-2008, podes ollalas nas seguintes ligazóns.
1. Productos, servizos financeiros e de seguros básicos. Ciclo Medio de Xestión Administrativa.
2. Xestión financeira. 1º curso Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
3. Proxecto integrado. 2º curso Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
Seguir lendo...

2 de diciembre de 2007

Letras do Tesouro

¿Que son as letras do tesouro?

Son valores de renda fixa a curto prazo que emite o Estado para financiarse, representados exclusivamente mediante anotacións en conta. Creáronse en xuño de 1987, cando se puxo en funcionamento o Mercado de Débeda Pública en Anotacións. Podes acceder a unha presentación en power point que che axudara a comprender mellor este instrumento financeiro.
Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery