5 de mayo de 2008

Amortización de préstamos e Excel

Elabora en Excel nun libro o que chamarás Amortización de préstamos, as distintas follas que recollerán os cadros de aomortización de préstamos polo sistema progresivo ou francés e para os seguintes casos:
1. Caso xeral. Amortización mediante unha renda contastante, inmediata e postpagable.
2. Con carencia e pago de intereses.
3. Con carencia e sen pago de intereses.
4. Con tipo de interese revisable.
5. Con tipo de interese revisable e pactado previamente.
6. Cálculo da fila h-ésima.

Unha vez que teñas deseñadas todas as follas e utilizando un sistema de menús e macros, crea unha comunicación fluida entre as distintas follas que compoñen o libro. Preme nesta ligazón para ver un exemplo.
Seguir lendo...

29 de abril de 2008

Os valores mobiliarios e a Bolsa

Como xa sabes a Bolsa é un mercado onde se compran e venden valores mobiliarios. Nestes días estamos a estudiar a unidade didáctica referida a esta entidade, e para repasar e amplicar coñecementos imos resolver as seguintes actividades.
1. En Hot Potatoes cumprimenta o seguinte cuestionario.
2. Desenvolve a actividade que se propón na seguinte webquest.
Seguir lendo...

9 de abril de 2008

Rendas variables

Estudiamos en temas anteriores como calcular o valor actual e final das rendas anuais constantes. En base a todo aquelo, imos ver neste tema que desenvolveremos íntegramente con Excel como se valoran as rendas variables en progresión aritmética, e dicir, aquelas rendas nas que cada termo se obtén de sumar ao anterior unha constante chamada razón. Na actividade financeira e empresarial diaria poden prantexarse moitas veces casos de rendas nas que os termos varían en progresión aritmética.

Como nas rendas constantes comezaremos calculando primeiro o valor actual e final da renda inmediata postpagable, para posteriormente ver as rendas diferidas e aqueles casos de que a reda sexa prepagable.

Nosoutros, todo o estudio deste tipo de rendas ímolo facer coa axuda de Excel e Visual Basic onde imos definir as expresión que nos permitiran calcular os valores desexados.

Cálculo do valor actual:

Para calcular o valor actual da renda variable inmedita postpagable temos que aplicar a seguinte expresión:

VA = α a n┐i + p/i [a n┐i - n Vn]

Como dixemos antes, podes definir a expresión anterior en Visual Basic seguindo os pasos que se dan neste documento.

Cálculo do valor final:

Procedendo de xeito similar ao anterior definimos a seguinte expresión:

VF = α S n┐i + p/i [S n┐i - n ]
Seguir lendo...

30 de marzo de 2008

Diseño fórmulas con VBA.

Visual Basic para Aplicacións (VBA) é unha lingüaxe de programación derivado de Visual Basic. Emprégase para automatizar procesos en Microsoft Office. Con esta lingüaxe pódense ampliar moito as funcións existentes nos programas de Office con outras moito máis elaboradas e personalizadas, según as necesidades do usuario.
Como estamos vendo, Excel inclúe unha gran cantidade de fórmulas financeiras que podemos usar na folla de cálculo, pero ás veces pode que te vexas obrigado a diseñar as túas própias mediante o código VBA.
No caso das rendas necesitaremos crear varias fórmulas, sobre todo no relativo ás rendas variables en progresión aritmética e xeométrica. A continuación achégovos un pequeno manual que vos axudará en todo o proceso de diseño e elaboración das citadas fórmulas.
Seguir lendo...

21 de marzo de 2008

Formación Centros de Traballo

A partir do o 7 de Abril de 2008 os alumnos do 2º curso do Ciclo de Administración e Finanzas estarán a realizar a FCT. As normas que regulan a formación en centros de traballo para a nosa Comunidade Autónoma figuran na seguinte Orde do DOG. Parte da información que imos manexar durante o citado período é a que figura nas seguintes ligazóns:

1. Información xeral portal educativo da Xunta.

2. Relación de alumnos que realizarán a FCT e a súa correspondente empresa.

3. Normas básicas de convivencia na empresa para os alumnos.

4. Modelo de folla de actividades diaria que ten que elaborar o alumno durante a súa estadía na empresa.

5. Modelo Plan individualizado da FCT, onde se detallan as actividades que levará a cabo o alumno.

6. Modelo Consello Orientador, para reencher polos os alumnos que rematen o Ciclo neste curso académico 2007-2008.

Seguir lendo...

15 de marzo de 2008

Cualificacións Xestión Financeira

Achégovos as cualificacións das probas da segunda avaliación, así como a nota que figurará no boletín do módulo de Xestión Financeira correspondente ao 1º curso do ciclo superior de Administración e Finanzas.
Seguir lendo...

8 de marzo de 2008

Cualificacións 2º Ciclo superior

Achégovos as calificiacións da proba de avaliación do módulo Proxecto Integrado que realizáchedes ao remate do mes de febreiro. Nos primeiros días da próxima semán revisaremos as citadas probas e estabreceremos o xeito de recuperación para os alumnos que non a superaron.
Seguir lendo...

5 de marzo de 2008

Formación en Centros de Traballo

Para a elaboración dos convenios de colaboración coas empresas necesito certos datos, que me ides proporcionar reenchendo o formulario que figura ao remate deste blog. Lembra de premer sobre a tecla Submit para validar os datos.
Seguir lendo...

26 de febrero de 2008

Manual instalación FacturaPlus.


Como xa vos comentei, tedes que instalar o FacturaPlus na vosa casa para complementar e completar o estudio que realicemos na aula. Este pequeno manual axudarávos á instalación da mencionada aplicación de xestión.
Seguir lendo...

23 de febrero de 2008

FacturaPlus

Na próxima semana empezamos a estudiar o FacturaPlus. O manual da apricación podémolo descargar ou consultar na seguinte ligazón. Tamén o tedes dispoñible no grupo de traballo de Google. As actividades prácticas que desarrollemos tamén as teremos para descargar naquel sitio e neste blog.
Seguir lendo...

10 de febrero de 2008

As funcións VNA e TIR de Excel.

As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dunha inversión cando os vencimentos son periódicos. Cando os vencimentos non son periódicos utilízanse as funcións VNA.NO.PER e TIR.NO.PER. O funcionamento delas explícase no seguinte comentario. Asimesmo, neste libro de Excel están as solucións aos exemplos 279-282 do noso libro de texto sobre as mesmas.
Seguir lendo...

Pasivos financeiros e PXC para Pemes.

O Plan Xeral de Contabilidade para Pemes aprobado polo Real Decreto 1515/2007 de 16 de novembro regula na norma de valoración 9ª os Pasivos Financeiros. A citada norma resulta de aplicación ós seguintes pasivos financeiros:

- Débitos por operacións comerciais: proveedores e acredores varios;
- Débedas con entidades de crédito;
- Obrigas e outros valores negociables emitidos: tales como bonos e obrigas de pagamento;
- Derivados con valoración desfavorable para a empresa: entre eles futuros opcións, permutas financeiras e compravenda de moeda estranxeira a prazo;
- Débedas con características especiais e
- Outros pasivos financeiros: débedas con terceiros, tales como os empréstitos e créditos financeiros recibidos de persoas ou empresas que non sexan entidades de crédito incluídos os xurdidos na compra de activos non correntes, fianzas e depósitos recibidos e desembolsos esixidos por terceiros sobre participacións.

No seguinte arquivo coméntase a citada norma de valoración así como un exemplo referido a un préstamo cunha entidade financeiro que se encadra dentro do apartado de Débedas con entidades de crédito desta norma.

Seguir lendo...

5 de febrero de 2008

Arrendamento financeiro

A norma de valoración 8ª do novo Plan Xeral de Contabilidade regula os arrendamentos financeiros e outras operacións de natureza similar. Neste comentario abórdase a citada norma e prantéxase un exemplo de arrendamento financeiro con opción de compra e a forma de contabilizalo por parte do arrendatario.
Seguir lendo...

30 de enero de 2008

Actividade avaliación 2ºCS

Na próxima semán empezaremos coa actividade de avaliación que nos levará aproximadamente 12 sesións de clase. Neste espacio de tempo informareivos de recursos que podedes empregar para o desarrollo da citada actividade: páxinas web, arquivos, modelos ficheiros excel, modelos ficheiros word, etc.

  1. Manual de Contaplus Élite versión 2008.
  2. Para aclarar algún tipo de dúbida en asentos contables podes visitar o seguinte portal.
  3. Para descargar calquera documento e consultar dúbidas sobre impostos, consulta a páxina da Axencia Estatal Tributaria.
    Modelo 300. Declaración trimestral de IVE
    Modelo 110. Retencións a conta IPPF
    Modelo 390. Resume anual de IVE
    Modelo 347. Volume anual de operacións
  4. Consultas sobre impostos e fiscal.
  5. Operacións de leasing e simuladores para comprobar a bondade dos teus cálculos.
  6. Modelo ficheiro excel para amortización de leasing.
  7. Modelo ficheiro excel para amortización de préstamos.
  8. Modelo factura exel, que permite facer os cálculos.
  9. Consultas de índices e refencias para préstamos (EURIBOR).
  10. Axuda para elaboración dos cadros de amortización polo sistema francés en excel.
  11. Modelo ficha artículos para valoración existencias.
  12. Modelos de correspondencia comercial.
Seguir lendo...

27 de enero de 2008

Calificacións 1º Ciclo superior

Achégovos as calificacións da proba de recuperación da 1ª avaliación do módulo de Xestión Financeira realizada o día 22 de xaneiro de 2008. Para poder descargar o arquivo tes que utilizar a contrasinal data.
Seguir lendo...

24 de enero de 2008

Calificacións Ciclo Medio

Achégovos as calificacións da proba de recuperación da 1ª avaliación do módulo de Productos e Servicios Financeiros que fixemos o 17 de xaneiro de 2009. Para poder descargar as calificacións tedes que usar a contrasinal dada.
Seguir lendo...

16 de enero de 2008

Contaplus: manual e actividade.

No noso grupo de traballo en Google, deixei:
Manual contaplus.
Actividade 1 para contaplus.
Nos próximos días resolveremos a actividade reseñada.
Seguir lendo...

Novo Plan Xeral Contabilidade para Pemes

As normas de valoración 12 e 16 do novo Plan Xeral de Contabilidade para Pemes tratan todo o relativo ás compras, gastos, vendas e ingresos. Na seguinte ligazón podes atopar unha análise comparativa co plan de 1990 das citadas normas.
Seguir lendo...

14 de enero de 2008

Función Buscar Obxectivo

Esta función de Excel permítenos resolver algunhas operacións financerias de capitalización simple, composta, rendas.... Nas seguintes ligazóns podes atopar información sobre esta interesante función.
Seguir lendo...

12 de enero de 2008

Rendas

Nestes días estamos a estudiar as rendas a interese composto. Nestas ligazóns podes atopar información.
Concepto de renda e clasificación
Excel financeiro. Funcións de excel que utilizaremos no estudio das rendas.
Seguir lendo...

4 de enero de 2008

Equivalencia financeira con Solver

Solución ao exercicio 23 da páxina 148 do tema de Desconto de efectos do módulo de Xestión Financeira.
Seguir lendo...

A ferramenta Solver

Solver é unha das ferramentas máis potentes de Excel, xa que permite acha-la mellor solución a un problema, modificando valores e incluíndo condicións ou restricións. Nosoutros empregarémola para resolver determinados problemas de xestión financeira (sustitución de efectos, tanto de interese que fai equivalentes varios capitais...). Nesta ligazón hai un pequeno problema con Solver que che axudará a comprender o seu funcionamento.
Seguir lendo...

Novo Plan Xeral de Contabilidade

O 1 de xaneiro de 2008 entrou en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade. Na seguinte presentación ofrécese unha análise comparativa entre o Plan de 1990 e o Borrador do Plan Xeral de Contabilidade para Pemes, sobre todo no referente ao tratamento das existencias.
Seguir lendo...

Inicio do exercicio contable 2008

O 1 de xaneiro de 2008 entrou en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade. As disposicións transitorias 1ª e 4ª do RD 1514/2007 de 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade recollen as regras a apricar para adaptar, axustar e reclasificar a información que en relación coa transición do plan anterior ao novo teñan que reflexar os estados financerios ao 31 de decembro de 2008. Nesta ligazón aparece un artículo recóllense algunhas desas particularidades.
Seguir lendo...
 

My Blog List

Followers

Recommended Gadget

  • ads
  • ads
  • ads
  • ads

gatoroca Copyright © 2009 Gadget Blog is Designed by Ipietoon Sponsored by Blogger Template Gallery